INICIO      CONTACTO      BUSCAR
Galego
Últimas novas
Auria Inserta
Presentación
Liñas de actuación
Destinatarios/as
Novas
Actuacións
Itinerarios formativos
Titorización socio-laboral
Prácticas e axudas
Axenda
Inscrición
Solicitude
Selección
Recursos
Documentos
Ligazóns
Fotografías

- Convenios de colaboración para fomentar o emplego
19 de Febreiro do 2009

O Concello de Ourense asinou esta mañá nove convenios de colaboración, para fomentar a creación de emprego de calidade entre persoas con dificultade de acceso ao mercado laboral. Estes acordos están desenvolvidos a través do Proxecto de Integración Sociolaboral Auria Inserta, posto en marcha dende o pasado mes de xullo.

Por unha banda, co protocolo de colaboración asinado hoxe coa Federación de Empresarios de Hostalaría de Ourense, impartirase un curso de Procesador de Cátering para Persoas Dependentes no seu Centro de Formación. Participarán 22 persoas con 300 horas prácticas e 295 teóricas ata o próximo mes de xuño.

Por outra banda, asináronse oito convenios coas seguintes entidades: Geriatros, Asociación Aixiña-Ourense, Fundación San Rosendo, Cruz Vermella Española, a UTE que manteñen Saludges Asesoría Sanitaria, Troncoso Casares e Serra Martiñá, Asociación Española contra o Cancro, Aspanas e a Residencia San José.

Mediante estes convenios os alumnos desenvolverán prácticas laborais despois da formación teórica de Auria Inserta, para aprender a aplicar os coñecementos adquiridos en situacións reais.

Deste modo, cando finalice o proxecto, máis de 300 persoas recibirán unha formación útil que lles facilite o acceso a un emprego estable, pasando a ser membros activos da sociedade. Os obxectivos fundamentais destas firmas son o fomento da creación de emprego de calidade e a consolidación do existente, mellorar os mecanismos de acceso ao mercado de traballo, favorecer de forma especial os procesos de integración e inserción laboral dos colectivos prioritarios: mulleres, rapaces/ás (en especial os que buscan o primeiro emprego), desempregados de longa duración, minusválidos e ameazados de exclusión social: elevar os niveis de formación e cualificación persoal, e desenvolver os novos depósitos de emprego.

Por outra banda, tamén se pretende impulsar a cooperación entre as pequenas e medianas empresas, desenvolver o espírito e a competitividade empresarial, e a promoción do desenvolvemento sostible e de respecto ao medio.

O Proxecto Auria Inserta está cofinanciado polo Fondo Social Europeo nun 80% e polo Concello de Ourense nun 20%, e supón un investimento na promoción de emprego de 1.785.754, 20 euros, a executar entre o 2008 e o 2011.
 
Concello de Ourense Ministerio de Política Territorial Unión Europea. Fondo Social Europeo © 2008 Concello de Ourense - Auria Inserta - Tlf: 988 222 402
Rúa da Feira Nova s/n, Campo da Feira, 32001, Ourense - Email: auriainserta@ourense.es