|
Os/as alumnos/as que participen nos cursos poderán realizar prácticas en empresas relacionadas co itinerario formativo. Preténdese materializar as aprendizaxes conseguidas na parte teórica nos meses anteriores e procurar unha aproximación ao mercado laboral ourensán. As persoas desempregadas que participen nos módulos de formación e práctica profesional previstos no proxecto, e en función das súas características, poderán ser beneficiarios/as de axudas/becas. Estas axudas serán compatibles coa percepción da prestación ou subsidio por desemprego así como con outras axudas públicas para a mesma finalidade, sempre que o conxunto das rendas percibidas polo alumnado, incluído o importe da beca, non supere o 75% do IPREM previsto para ese ano.
|