INICIO      CONTACTO      BUSCAR
Galego
Últimas novas
Auria Inserta
Presentación
Liñas de actuación
Destinatarios/as
Novas
Actuacións
Itinerarios formativos
Titorización socio-laboral
Prácticas e axudas
Axenda
Inscrición
Solicitude
Selección
Recursos
Documentos
Ligazóns
Fotografías

- Ciclos formativos sobre enerxías renovables
21 de Agosto do 2009

A Concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica do Concello de Ourense, porá en marcha a partir de setembro unha nova edición do Proxecto Auria Inserta, que incorpora dous novos ciclos formativos: Montaxe e Mantemento de Instalacións Solares e Fotovoltaicas; e Montaxe e Mantemento de Instalacións Solares Térmicas, ambas en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción. Incorpóranse ás xa ofertadas o ano pasado, centradas en actividades sociosanitarias e coidados a persoas dependentes: Atención socio-sanitaria a persoas no domicilio, Atención socio-sanitaria a persoas en institucións sociais, Coidador de grandes dependentes, e Procesador de catering para persoas dependentes. Cada curso oferta un total de 20 prazas.

Este Proxecto pretende realizar unha oferta formativa, conxugando coñecementos teóricos con actividades prácticas. Os destinatarios desta oferta son os colectivos con máis dificultades para a súa inserción no mercado laboral: mulleres, inmigrantes e emigrantes retornados, menores de 30 anos, parados de longa duración ou persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción laboral, entre outros.

Dende o ano pasado, ofrécese a estes colectivos a posibilidade de recibir formación específica sobre diferentes áreas, compatibilizando as clases teóricas con prácticas en empresas e coa posibilidade de recibir titoración sociolaboral de maneira individual. En función da situación económica dos participantes, éstes poden optar tamén a unha beca económica próxima ós 400 euros mensuais durante a duración do curso. O financiamento do proxecto é compartido entre o Concello de Ourense e o Fondo Social Europeo, e ascende a un total de 1.785.754,20 euros para o periodo 2008-2011.

Dende o Proxecto Auria Ourense apúntase o éxito do programa na súa edición do pasado ano, onde algunhas das persoas participantes lograron emprego a través de empresas colaboradoras ou no propio Servicio de Axuda a Domicilio do Concello de Ourense.

A inscrición poderase realizar entre o 1 e o 10 de setembro no Rexistro Xeral do Concello de Ourense, presentando a documentación necesaria, que se poderá descargar tamén dende: eiquí .

Para máis información, pódese consultar esta web ou o no teléfono 988222402

 
Concello de Ourense Ministerio de Política Territorial Unión Europea. Fondo Social Europeo © 2008 Concello de Ourense - Auria Inserta - Tlf: 988 222 402
Rúa da Feira Nova s/n, Campo da Feira, 32001, Ourense - Email: auriainserta@ourense.es